Chega ‘Sete Dezasete’, novo disco do Sonoro Maxín

Sete Dezasete está xa dispoñible en tendas de toda Galiza e tamén no Spotify. Esta fin de semana comeza a xira de presentación en Ourense, e seguirá por Carballo, Bueu, Pontevedra, Vilar de Santos, San Sadurniño, Compostela, Melide, A Coruña e Mos Mércores 19 de abril-. O Sonoro Maxín xuntouse […]

Os Derradeiros – A min

Os Derradeiros estan rematando de gravar os novos temas e pra irlle entrando fixéronlle un vídeo a un tema que xa está rematado. “A min” é unha crítica á dictadura das formas, namentres, os verdadeiros problemas seguen aí esperando que alguén se ocupe deles. A discusión sobre as formas non […]

IX Edición do Concurso de Maquetas Queixo Maquetón

O Concello de Arzúa organiza a 9ª edición do Queixo Maquetón, concurso de maquetas para bandas e solistas que optarán a gañar 1.500 €, unha entrevista promocional e a actuación na 42ª Festa do Queixo de Arzúa que terá lugar os días 3, 4 e 5 de marzo do 2017. […]

Budiño reedita “Paralaia” no vixésimo aniversario da súa publicación

En “Paralaia 20 Aniversario”, unha ilustración chea de detalles -autoría de Ana Zon- acompañará a cada unha das cancións do disco. O traballo poderá mercarse en exclusiva no marco do Culturgal a primeira fin de semana de decembro. O sábado 3 de decembro, Budiño ofrecerá un concerto no Pazo da […]

Castañazo Rock 2016

O sábado 29 de outubro en Chantada vaise celebrar o Castañazo Rock 2016. Comezará a iso das 11 da mañá co Castañazo Infantil na Praza do Cantón e ás 15h. será o Concurso da Cantos de Taberna. A partir das 18h., e xa no Mercado Gandeiro, abrirá o recinto con Xogos […]

Grelo Folc 2016

O Grelo Folc 2016 será o sábado 15 de outubro no Mosteiro de Monfero e contarán con carpa. A partir das 14.00h: Sesión vermú cos VERANEANTES Xantar no campo da festa (15€. Anotarse no oabordelo@gmail.com, no 679251163 ou dicíndollo a calquera persoa do Abordelo) Pola tarde: Eira Xandobeleira. Xogos e enredos para […]

Guadi Galego – Cedeira

O tema “Cedeira” está incluido no novo disco de Guadi Galego “O MUNDO ESTÁ PARADO” á venda o 4 de novembro. Clip dirixido por Xacio Baño.

Festival da Liberdade 2016

Os dias 13, 14 e 15 de outubro será o Festival da Liberdade 2016 e terá lugar em distintos pontos de Cangas. O II Festival da Liberdade nom só contará com música, durante os tres dias de festival Cangas oferecerá charlas, sessons vermú, documentários, mercadinho, acampamento… O preço do Festival da Liberdade som […]

O 6º Outono Códax arranca este venres con Lee Fields, unha das grandes voces do soul contemporáneo

A fascinante MARTHA HIGH, eterna compañeira artística de James Brown, presentará no festival galego de música negra o seu último traballo, sinalado por parte da crítica como o mellor disco de soul do que vai de ano Ao ciclo uniranse nesta edición os míticos THE PRETTY THINGS, considerada unha das […]

NAO – Bonito funeral

Novo videoclip dos NAO co tema que leva por título ‘Bonito funeral’.

FestiBlas VII

Volta o FestiBlas na súa sétima edición os días 30 de setembro e 1 de outubro que será no Club Clavicémbalo de Lugo. O venres 30 de septiembre a partir das 23 h. haberá tres concertos: abrirán o FestiBlas os madrileños The Garage Players que veñen de gravar un EP con Jorge Explosión e que ofrecerán […]

CUAC FM celebra o concerto final do seu XVIII Concurso de Bandas e Solistas coa Batalla Final de bandas

Chega a 18ª Edición do Concurso de bandas de CUAC FM e de novo a Batalla de Bandas na Sala Mardi Gras. Ainda que este ano xa houbo un premio adicional que consistía en participar no Festival Noroeste as tres bandas galegas con máis puntuación, grazas á colaboración do Concello da […]

V FestiVal das Brétemas

O V FestiVal das Brétemas será os días 30 de setembro e 1 de outubro en Ponteareas, contará con moitas actividades, palestras e concertos. – Venres 30 Setembro: 18:00 –> “Picnic Bretemoso” na Feira Vella 22:00 –> “Melodías dos corpos” na Feira Vella As Xinetas e Palmira Cinta Adhesiva – Sábado […]

Rebeliom do Inframundo – Disciplina Lírica

O novo videoclipe dos Rebeliom do Inframundo chama-se ‘Disciplina Lírica’. ” Quando a voz do obreiro repenica, tremem os cimentos da terra. Derradeiro tema do disco, peche dum ciclo. Paixom!! Sentimento!! Carragem!! Disciplina!! Amor!! Lume e Rebeliom!! Chegamos para nom marchar-nos, isso que o tenham claro!! ” – Nervo Letra: […]

XIV FeneRock

Os días 16, 17 e 18 de setembro no Paseo Marítimo de San Valentín (Fene) vai ter lugar a XIV edición do Festival FeneRock. A entrada será de balde, contarán con carpa, zona de acampada… O venres 16 Moonshine Wagon Knip Dyolf Dakidarría Los Tigres del Cañotas Sábado 17/09 Jamie Fifthring Electric-Mojo […]

Folk n Cros

O venres 16 e sábado 17 de setembro, ven compartir unha edición máis do Festival-Romería Folk n Cros. Será de balde no Paseo de O Burgo (Culleredo) e actuarán: Venres Mini e Mero Oîma Virandeira Folk Sábado 17/09 Terra de Sena Garrulaxe Alfaia Chorima Osorio Gutiérrez Catalmibre

Festival do Leite 2016

A primeira edición do Festival do Leite, organizada por Deleite Galego, terá lugar o sábado 17 de setembro no Parque de Belvís, en Compostela. Será unha xornada de música para toda a familia, grandes e pequenos, coa que queren resaltar a importancia cultural e económica do leite para Galiza. O […]

Monolithic Fest

O sábado 17 de Setembro a Sala Malatesta de Santiago de Compstela acollerá a totalidade das actuacións das bandas que comporán o Monolithic fest. O gran reclamo deste Monolithic Fest 2016 é a presenza dos Mondo Generator do polémico e inclasificable Nick Oliveri (Kyuss, QOTSA), que por fin chegán para […]

Garitosis ´16

O sábado 17 de setembro en Sarria (Lugo) a Asociación Cultural Rúa da Música organiza o Garitosis ´16. A entrada é de balde e comezará ás 13h a Sesión Vermú con DJ Bacha. Os concertos do Garitosis 2016 a partir das 20:30h serán: Flying Boogaloos Desviaos Poetarras Zume de Miolo Ciconia

Xurxo Rodríguez, letrista e compositor de Esquíos, presenta O Autostopista

O vindeiro 30 de setembro no Auditorio Abanca a partir das 21:00 horas Xurxo Rodríguez presentará a súa primeira novela, O AUTOSTOPISTA. A novela será presentada na Estrada o vindeiro 30 de setembro acompañado polo escritor David Otero, e Esquíos, a banda estradense na que Xurxo é letrista e compositor, farán unha […]