Vicky Polard no Verkami para gravar o seu novo album

Vicky PolardVicky Polard quere gravar o produto da súa demencia en forma de novo album, e para iso necesita unha pequena axuda. Ca recaudación conseguida no Verkami, por primeira vez serán capaces de lanzar un ente formado por un album gravado e producido no Laboratorio Soyuz (Hevi), o seu mastering correspondente, unhas camisetas deseñadas polo seu deseñador favorito, e outras cousas materiais de dudosa importancia. 

Gravarán o album a finais de xullo, en agosto enviarase a masterizar, e entre setembro e outubro o grupo xirará por toda Galiza cas novas cancións repartindo as recompensas polas distintas cidades.

Confiamos na vosa colaboración para alcanzar este obxectivo. Por iso, as recompensas van desde a entrega de merchandising superguay, a realización de cousas estúpidas, entradas aos concertos de presentación… Ademáis, cada vez que aportas cartos ao noso proxecto, un gatiño recibe un platiño de leite e unha caricia.

Na páxina de facebook do grupo podes comentar, preguntar, suxerir, insultar e regalar palabras de afecto.

Para máis info visita o seu Verkami.